O portavoz nacional de ‘Por un Mundo más Justo’ visita Carballo

Cedida

Esta fin de semana afiliados do partido Por un Mundo más Justo desprazáronse ata Santiago de Compostela para acompañar ao portavoz nacional da formación, Alejandro Plans, e ao responsable nacional de territorios, Jesús Barcina.

Despois dunha comida, os mandatarios achegáronse ata a capital de Bergantiños, onde este ano se aliaron con Xuntos Carballo para apoialos económica e loxisticamente para as próximas eleccións municipais. Plans e Barcina tamén tiveron tempo para desfrutar da feira dominical e de tratar con varios veciños da vila as necesidades e demandas para a localidade.