O porto de Muxía, parada da segunda etapa da regata Rías Altas de vela

Cedida

  • Esta proba está incluída dentro do circuíto do Campionato de España de Altura

O Porto de Muxía, mediante acordo co Real Club Náutico de Coruña, foi elixido este venres para acoller a segunda etapa da regata Rías Altas de vela dentro do Circuíto Mar de Maeloc.

Esta proba, a máis antiga de Galicia, está incluída dentro do Campionato de España de Altura e tivo unha duración de 17 millas, saíndo desde Laxe e rematando en Muxía. O alcalde, Iago Toba, destacou o «orgullo de levar por mar, algo que nos define tanto como municipio, o nome de Muxía», facendo fincapé en que este tipo de actos mostran unha vez máis que «o noso pobo destaca como destino de calidade marítima e turística».

O vicepresidente do Club Náutico de Coruña, Antonio Nores Quesada, agradeceu ao Concello Muxía a «gran acollida e o agarimo recibido durante toda a xornada».