44
- O proxecto impulsado pola Consellería de Sanidade en colaboración con Portos de Galicia, conta xa con seis entidades participantes e supón dar continuidade á Rede Galega de Praias sen Fume.
O director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Andrés Paz-Ares Rodríguez, fíxolle entrega ao director do Mariña Muxía Porto Deportivo, Marcos Trillo Díaz, do diploma que acredita que as súas instalacións están integradas xa na Rede Galega de Portos sen Fume, que ten entre os seus obxectivos promocionar unha vida sen tabaco en todos os eidos para reducir o seu consumo na sociedade, reforzar o papel modélico positivo dos pais e nais e promover accións que respecten e coiden o medio ambiente.