O positivo de Trump desestabiliza as bolsas no mundo


O positivo de Trump e da primeira dama por COVID-19 fixo que Wall Street abrise á baixa, tras pechar en positivo o xoves, e fixo baixar bruscamente os prezos do petróleo. A desaceleración na creación de emprego tamén afectou as prazas estadounidenses. Peche desigual das bolsas europeas, aínda que na semana acumúlanse alzas de ata o 2%. Frankfurt baixa un 0,33%, mentres o resto soben pese ao positivo de Donald Trump: Londres un 0,39%, Madrid un 0,35%, París un 0,02% e Milán un 0,01%. O Ibex 35, principal índice da Bolsa española, sobrepúxose á noticia chegada do outro lado do Atlántico e subiu un 0,35%, nunha xornada moi volátil.