O PP abriu o curso político en Cotobade

1 minutes read

O Partido Popular deu comezo ao curso político, como é tradición, na carballeira de San Xusto, no concello de Cerdedo-Cotobade. O presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, estivo acompañado do presidente nacional, Pablo Casado, nun acto con menos público que noutras ocasións. Feijóo quixo deixar claro que este ano vai ser o da reactivación. O da recuperación sanitaria e económica. A ilusión, a esperanza no futuro e a unidade foron os tres piares que marcan este arranque de campaña política do PP. Pablo Casado evidenciou que o PP está a construír xa a súa alternativa de Goberno a Pedro Sánchez e advertiu que o partido conta xa co aval de xestión das comunidades e municipios nos que goberna.