O PP acepta participar no debate a sete de RTVE do próximo 13 de xullo

O Partido Popular confirmou que participará no debate a sete de voceiras parlamentarias proposto por RTVE para o próximo 13 de xullo. Cuca Gamarra representará aos populares. Estarán tamén Patxi López do PSOE; Iván Espinosa de los Monteros de Vox; Aina Vida en representación de Sumar; Aitor Esteban do PNV, Gabriel Rufián de Esquerra e Oskar Matute de EH Bildu. O debate de voceiras celebrarase nos estudos de Prado del Rey. Será moderado polo xornalista e presentador Xabier Fortes. Os partidos debaterán sobre economía, política social, política territorial e pactos postelectorais. Onde non estará o PP é no debate de candidatos á presidencia do goberno.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha