O PP alega que a “falta de previsión” do goberno local carballés podería frear o Bergan-Sevilla

1 minutes read
  • Paula Nogueira lembra que o concello coñece desde agosto a posibilidade de que os carballeses puidesen recibir a un conxunto da máxima categoría na Copa do Rey

A portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Carballo, Paula Nogueira, asegurou que a “falta de previsión” do goberno local está a poñer en perigo que o partido correspondente á rolda de Copa do Rey entre o Bergantiños e o Sevilla póidase disputar no campo municipal de As Eiroas.

Os populares lembran que o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o seu equipo de goberno coñecen desde o pasado mes de agosto a posibilidade de que o cadro carballés puidese recibir a un equipo da máxima categoría como o sevillano. “Desde que o Bergantiños xogou a fase de ascenso sabíase que esta situación podíase dar e o concello non moveu nin un dedo para adecuar as instalacións de As Eiroas ao que esixen os responsables da Copa do Rey”, dixo Nogueira.

Sobre este asunto, a popular subliñou que o goberno local leva moito tempo prometendo melloras en As Eiroas, e lamentou que as consecuencias dos incumprimentos de executivo téñaas que pagar agora o Bergantiños. “Hai concellos similiares ao noso nos que si se realizaron melloras nas instalacións deportivas que en Carballo non temos. Agora resulta que nos pillou o touro, a solución non parece nada sinxela e pagará as consecuencias quen menos o merece”, indicou.