O PP comprométese a dotar ao hospital de Cee con tratamentos de quimioterapia

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade e candidato do PP ao Parlamento de Galicia por Pontevedra, Julio García Comesaña, participou nun encontro en Cee con outros candidatos da lista coruñesa encabezados polo ceense Jesús Picallo.

Neste encontro, Comesaña informou aos membros da candidatura e á veciñanza de Cee coa que conversaron do compromiso do Partido Popular de Galicia coa dotación dun hospital de día oncolóxico no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, un obxectivo que figura de xeito expreso no programa electoral dos populares para as eleccións do 18 de febreiro.

O conselleiro atribuíu a inclusión desta medida a un “empeño persoal” do presidente Alfonso Rueda pola mellora da atención aos pacientes con cancro que xa levou á Xunta a dotar este ano nos seus orzamentos unha partida de 1,5 millóns de euros para humanizar os espazos de espera destes pacientes en hospitais como os de Santiago, Ourense, Vigo ou Ferrol e dotalos de espazos máis amables como os da reforma recentemente rematada do hospital de día oncolóxico do hospital da Coruña.

A posta en marcha dun hospital de día oncolóxico no Hospital Virxe da Xunqueira permitirá proporcionar boa parte dos tratamentos de quimioterapia en Cee, evitando centos de desprazamentos de pacientes a Coruña e mellorando a súa comodidade durante unha situación xa suficientemente complicada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?