O PP critica que o PSOE manteña no cargo ao alcalde de Cerceda

1 minutes read

O portavoz do Partido Popular de Cerceda, Francisco Santos, criticou este mércores á dirección do PSOE coruñés, encabezada por Valentín González Formoso, á que acusou de “mirar para outro lado” ao manter como alcalde de Cerceda a José García Liñares, condenado a oito anos de inhabilitación para cargo público por un delito de prevaricación administrativa. O popular, que asegurou que o rexedor “non pode seguir nin un minuto máis á fronte do executivo local”, subliñou que Liñares xa non tería que presentarse ás eleccións municipais tras a primeira sentenza e lembra que o fallo o inhabilita “desde todos os puntos de vista” para poder exercer como alcalde. Así mesmo, desde o Partido Popular de Cerceda tamén incidiron nos motivos polos que, do mesmo xeito que González Formoso, o secretario xeral, Gonzálo Caballero tampouco da “sinais de vida para poñer orde dentro do seu partido”. Por outra banda, e ante a decisión do alcalde de Cerceda de presentar un recurso contra a súa sentenza, o popular asegurou que o rexedor “ten dereito a defenderse como calquera outro cidadán”, pero lembra que as decisións que se aproben en pleno poden carecer de lexitimidade xurídica.