O PP critica que se aprobe a construción dunha praza en Baio con informes xurídicos negativos

1 minutes read

David Gómez censura que o rexedor, «Hai que ter moi pouca vergoña para utilizar o diñeiro de todos os veciños en informes que avalen os caprichos electoralistas do rexedor», afirmou

«O que tiña que ser unha actuación de consenso si o alcalde fixese as cousas con tempo, e sen presas, vaise converter nun motivo de enfrontamento cos veciños e, veremos máis adiante, si non traer tamén problemas xurídicos», lamentou.

O feito e que cos votos a favor do BNG, o equipo de goberno aprobou o proxecto de ocupación directa de parte dos terreos dotacionais do sector R-B1 de Baio (situado na zona do paseo fluvial da vila), que afecta a 18 fincas e que suman un total de 5.181 metros². Tras a exposición pública do proxecto durante un mes, estes terreos situados no casco urbano de Baio pasarán a ser chan dotacional público nos que se construirá unha praza, unha zona de aparcamentos e unha vía que comunique as rúas Herbais da Ponte e Bispo Romero de Lema.