O PP da Laracha pide que Sánchez deixe sen efecto a modificación dos prazos concesionais de dominio público

1 minutes read
  • Os populares presentaron unha moción para que o Goberno estatal restrinxam de forma arbitraria, a duración das prórrogas extraordinarias de protección do litoral

Este venres, ás 13:30 horas, celebrarase a sesión do pleno ordinario no Concello da Laracha onde, aparte da moción presentada polo grupo municipal do BNG, os populares tamén levarán á sesión unha moción en relación ás concesións nas zonas de dominio público marítimo-terrestre.

No documento presentado, o Concello da Laracha insta ó Goberno de España a que deixe sen efecto a proposta de modificación dos prazos concesionais en zona de dominio público marítimo-terrestre, formulada a través do artigo 18 do proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética; e que restrinxa de forma arbitraria a duración das prórrogas extraordinarias reguladas pola Lei 2/2013 de protección e uso sostible do litoral.

Desde o Partido Popular sinalan que, no caso de manter este propósito de modificación das condicións, o someta a unha nova consulta pública cun prazo o suficientemente amplo para permitir e facilitar a remisión de alegacións por parte de administracións e axentes sociais afectados.

Ademais, os populares pídenlle ao Goberno de Pedro Sánchez que rectifique o cambio interpretativo que está a aplicar na resolución das solicitudes de prórroga de concesións en zona de dominio público marítimo-terrestre, posto que o Consello de Estado corroborou que a lei actual permite as prórrogas de 75 anos.