18
Tendo coñecemento de que Valentín González Formoso estará na Laracha este sábado para asistir a un acto propagandístico do PSOE local, desde o Partido Popular propóñenlle, segundo informan nun comunicado, “un itinerario que lle permitiría aproveitar a súa visita para coñecer o estado actual das estradas provinciais ó seu paso polo termo municipal da Laracha. E facémolo despois de reclamar a mellora por diferentes vías, incluso con iniciativas aprobadas por unanimidade no Pleno da Corporación municipal, sen obter aínda a súa resposta como presidente da Deputación da Coruña”, din os Populares. Conclúen lamentando que Valentín González Formoso “só se acorde da Laracha para os actos propagandísticos do seu partido”.