O PP de Camariñas afirma que os parques infantís de Camelle están abandonados

1 minutes read

Atendendo a varias demandas veciñais, a candidata do Partido Popular á alcaldía de Camariñas, Paula  Mouzo Más, visitou os parques infantís de Camelle. “A verdade é que o goberno do PSOE debería avergoñarse da falta de mantemento dos nosos parques infantís. As deficiencias que presentan os parques de Camelle son preocupantes. É unha mostra da falta de planificación dun goberno que ten catro cargos políticos cobrando e que  non se preocupan por cuestións tan básicas coma coidar este espazos”, apuntou. O PP pide unha urxente renovación dos mesmos e incluso demanda que se faga un novo peche de maiores dimensións nun dos recintos que están a carón da estrada. “Se chegamos á alcaldía está será unha das nosas primeiras accións. Hai que manter o que temos”, concluíu.