O PP de Camariñas contradí a versión socialista sobre a votación dunha moción en Pleno

O candidato número 4 da lista do PSdeG-PSOE, Aitor Bouza, fixo referencia este martes ó sucedido no pleno de Camariñas este luns 29 de xaneiro, onde afirmaba que o PP, “lonxe de defender” ó sector marisqueiro camariñán, “votou en contra da moción socialista que pretendía dar impulso e apoiar os intereses da veciñanza da vila”. “o que non imos a facer nunca é o que está a facer o PP, dicir unha cousa para venderlla ós veciños e facer a contraria”, matizou.

En relación á nota de prensa do PSOE, o PP de Camariñas emitiu un comunicado contradecindo esta versión e afirmando que «o Partido Popular de Camariñas non votou en contra da moción sobre o marisqueo que se debatiu o pasado luns no pleno. Os concelleiros do PP abstivéronse nesa moción».

Os populares inciden en que Paula Mouzo Mas, «explicou que como deputada autonómica estivo pendente desta problemática e ofreceu a súa axuda, antes e agora, ao sector, e a calquera iniciativa consensuada que se promovera desde o concello».

«Esta moción do PSOE aparte de ser partidista e non buscar o consenso chega tarde, cando a Consellería do Mar da Xunta de Galicia aprobou axudas económicas directas para o sector marisqueiro dentro dun plan de medidas que se pretenden implantar».

«Os socialistas en vez de ocultar o traballo da Xunta, e sementar bulos sobre o voto plenario do PP en Camariñas, poderían pedirlle ao goberno de Pedro Sánchez que apoiara ao sector pesqueiro rebaixando o IVE dos produtos do mar, activando o PERTE Mar-Industria, respondendo a a petición da Xunta para a declaración de zona catastrófica que permita máis axudas ao marisqueo ou cubrindo a praza vacante de médico do ISM de Corcubión», conclúen os populares de Camariñas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha