Este mércores 17 de maio, o Partido Popular de Camariñas organiza un acto na Ponte do Porto co obxectivo de poñer en valor unha zona moi especial. “Convertemos o mitin da Ponte do Porto nun acto de posta en valor da Ruta dos Muíños, e do Río do Porto como unha zona de moito potencial medio ambiental e turístico, co seu couto pesqueiro, e con todas as posibilidades que ofrece esta contorna que está presente na nosa proposta de goberno” declarou Paula Mouzo.
O acto contará coa presenza da Conselleira de Medio Ambiente, Anxeles Vázquez, que acompañará á candidata Paula Mouzo Más, a membros da candidatura e ós veciños que queiran acompañalos desde as 11,30 da mañá.
Os populares realizarán unha pequena andaina e explicarán as súas propostas para a parroquia. As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 627026918.