O candidato do Partido Popular á alcaldía de Carballo, Aurelio Núñez, anunciou que Rubén Lorenzo Gómez estará entre os cinco primeiros postos da lista da súa formación nos próximos comicios locais. Técnico en Comercio e Márketing, delegado comercial no sector industrial tras exercer nove anos como auxiliar do Rexistro da Propiedade de Carballo, e directivo do Xiria durante 15 anos, o carballés formará parte dos postos de saída da candidatura popular acompañando a Paula Nogueira, Antonio Domínguez Pallas, Margarita Varela e Aurelio Núñez.
“É unha gran noticia poder confirmar a Rubén na nosa lista. Falamos dunha persoa ligada ao mundo do deporte, novo e con moita iniciativa”, dixo Nuñéz, quen subliñou que a nova incorporación vén reforzar “” e “apontoar” unha candidatura “xa de seu moi boa”, con xente “moi preparada” e con ganas de traballar para que os veciños de Carballo teñan o municipio “que se merecen”.