O PP de Carballo lamenta o que cualifica de ‘abandono do litoral’ por parte do Goberno local

1 minutes read

O Partido Popular carballés fíxose eco este martes das deficiencias detectadas nunha obra de recente construción no paseo da praia de Razo, onde o Concello de Carballo investiu máis de 160.000€ na renovación da pasarela de madeira. Os populares apuntan que «tres meses despois da súa estrea, a pasarela xa se está levantando e presenta inestabilidade en varios puntos. A xestión dos recursos públicos debe ser responsable e as obras deben ter un seguimento, tanto na súa execución como na súa recepción. Dende o PP lamentamos o abandono ao que ten sometido o noso litoral o Goberno do señor Ferrero. Para o Partido Popular a nosa franxa costeira debe ser protagonista e xeradora de oportunidades», conclúen.

Foto_PP Carballo.