O Partido Popular de Carballo, con Rubén Lorenzo á cabeza, ven de lanzar a súa proposta referida a políticas culturais e de participación cidadá.
Baixo un concepto de cultura aberto a toda a veciñanza e que acolla todas as manifestacións e promova o respecto polo patrimonio propio, comprométense a impulsar un festival de música con artistas de primeira liña, que abranga todos os gustos musicais e teña a sua ubicación na contorna natural do bosque.
Outro dos compromisos firmes é o de revitalizar a festa do San Xoan, que para os populares leva anos esmorecendo, aínda que deixan claro que o farán sen descoidar as festas dos barrios e as parroquias.
Outro dos puntos fortes desta proposta é a inclusión da casa de Alfredo Brañas no catálogo de bens protexidos urbanísticamente e a promoción dun museo no seu nome.
En canto á participación cidadá os populares comprométense a gravar e retransmitir todos os plenos municipais, así como a rediseñar a páxina web do concello para que sexa máis áxil, funcional e interactiva.
Mantendo o seu lema de campaña “un novo Carballo é posible” Rubén Lorenzo aposta forte por un proxecto que, servindo ás persoas, facilite a unión de sinerxias, a cohesión cultural e a participación de toda a veciñanza.