O PP de Carballo lanza unha proposta de programa centrada na actividade física e o deporte

Partindo dun concepto amplo que enmarca o exercicio físico dentro dun estilo de vida saudable, máis aló do ámbito das competicións deportivas, os populares presentan como obxectivo principal, neste eido, a creación dunha gran área deportiva e de esparcemento na contorna do río. Plantexan a necesidade dun espazo de xestión única que dé cabida a distintas disciplinas deportivas e xere novas ofertas na comarca de Bergantiños.

Así mesmo, incorporan unha firme aposta polos clubes deportivos da vila e incluen o compromiso de incrementar a partida orzamentaria destinada ao deporte, unido ao de ampliar e mellorar as infraestructuras deportivas nas prazas e nas parroquias.

Pechando esta terceira proposta dos populares carballeses co seu lema “Un novo Carballo é posible” seguirán nas catro semanas restantes, antes da cita electoral, dando a coñecer os demáis obxectivos do seu programa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha