O PP de Carballo mostra a súa preocupación polo caso da gardería Os Pequerrechos

1 minutes read

Segundo puideron constatar os populares, a actuación, que podería durar varios meses, deixará sen praza a máis dunha vintena de nenos que a estas alturas do ano se atoparan con moitas dificultades para poder matricularse noutro centro. Por este motivo, instaron ao goberno local a que medie para tratar de buscar acomodo a estes nenos nalgunha das outras escolas infantís municipais ou de titularidade autonómica que hai no municipio carballés. “Non se trata de buscar culpables ao peche, nin de alarmar á xente, o importante é tratar de atopar unha solución para unhas familias que teñen un problema a unhas alturas do ano en que as prazas nas escolas infantís son poucas”, indicaron os populares. Ante esta situación, e sendo conscientes de que o executivo local non é responsable desta situación, desde o PP carballés reclaman “diálogo” e “altura de miras” para que desde a administración local e autonómica atopen unha saída ao problema.