O PP de Carballo: «Os orzamentos municipais mostran a falta de ideas do BNG»

Imagen de archivo de la portavoz del PP en Carballo, Paula Nogueira

  • A portavoz da formación local, Paula Nogueira, considera «inxustificable» que o BNG aplique as mesmas pautas de actuación da «vella normalidade»

O grupo do Partido Popular no Concello de Carballo, a través da súa portavoz, Paula Nogueira, cargou este martes contra as contas presentadas polo Goberno municipal para o ano 2021, asegurando que se trata dun orzamento que “o único que pon de manifesto é a falta de ideas e a ineficacia na xestión do BNG”.

Durante a súa intervención no pleno celebrado este luns, Nogueira recoñeceu a dificultade de articular uns orzamentos nunha época de incerteza e preocupación como a actual, pero cualificou de “incomprensible” que o executivo local presente a finais de febreiro do 2021, unhas contas que, na súa opinión, deben servir para facer fronte ás terribles consecuencias da pandemia. “É, de xeito evidente, inxustificable que o BNG aplique as mesma pautas, os mesmos criterios e as mesmas liñas de actuación que si estivésemos na xa coñecida ‘vella normalidade”, censurou Nogueira.

Nesta liña, a portavoz popular indicou que o momento actual demanda unha estratexia a medio/longo prazo, que debería plasmarse na presentación de proxectos máis ambiciosos e cun retorno claro para os carballeses. “En lugar disto, as contas presentadas poñen de manifesto máis do mesmo, relaxación, tranquilidade e conformismo por parte do executivo local”, sinalou.

Ademais de todas estas críticas, desde o Partido Popular de Carballo botan en falta que as contas municipais recollan algunha partida máis importante para poñer en marcha proxectos de carácter social. A voceira engadiu que “Tampouco atopamos un euro para novas instalacións deportivas ou para mellorar a xa existentes, non hai partidas para mellorar os viarios de entrada e de saída do concello, nin para humanizar as rúas do municipio, nin para sacar adiante proxectos como o da avenida de Fisterra ou Vila de Negreira”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha