O PP de Carballo sorprende cun inicio de lista renovado e implicado en amplos sectores da sociedade

1 minutes read

O Partido Popular de Carballo vén de presentar a súa cabeceira de lista para concurrir as eleccións municipais do vindeiro 28 de Maio. O partido líder da oposición na capital de Bergantiños aposta por unha liña renovada composta por persoas procedentes de diferentes status laborais; gandería, arquitectura, química…

O equipo que lidera Rubén Lorenzo seguirá contando coa actual concelleira Beatriz Neira, nesta ocasión como número dous, e incorpora o empresario Isidro Varela Bardanca, a arquitecta técnica Isabel Cotelo, o empresario José Rey e o gandeiro Javier Calvelo.

Beatriz Neira ten 53 anos, é da parroquia de Lema e traballa no ámbito dos servizos sociais. O número tres, Isidro Varela Bardanca, ten 55 anos, procede da parroquia de Bértoa, empresario, é Presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños. O número catro da lista será ocupado por Isabel Cotelo, arquitecta, con experiencia técnica na administación pública, vive na parroquia de Carballo. José Rey será o número cinco, ten 42 anos, nado na parroquia de Bértoa, adícase á construcción. No número seis estará Javier Calvelo,  que a pesares da súa xuventude, está moi implicado co rural, lugar no que desenvolve a súa actividade profesional na súa explotación gandeira en Entrecruces.

A totalidade da lista dos populares carballeses será presentada o vindeiro día 22, sábado, ás 12.30 horas do mediodía nun acto que terá lugar na contorna da praia de Razo. Será entón cando o candidato, Rubén Lorenzo, desvele os nomes da candidatura que o acompañará no seu proxecto para presentarse como alternativa de goberno nas próximas eleccións municipais do 28 de Maio.