O PP de Carballo tacha de “moi pouco ambiciosos” os orzamentos para o 2020

1 minutes read
  • Paula Nogueira acusou ao goberno local de “inflar” as contas con proxectos valorados en case 500.000 euros

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Carballo, a través da súa portavoz, Paula Nogueira, cualificou este xoves de “simples” e de “moi pouco ambiciosos” os orzamentos municipais para o 2020 aprobados polo executivo local liderado polo BNG, co voto en contra dos populares e de TeGa e coa abstención do PSOE.

Nogueira aproveitou a súa intervención no pleno do pasado luns para incidir en que o documento económico carece de novos proxectos que permitan mellorar a calidade de vida dos veciños e dar respostas ás súas necesidades. “Volvemos ao de sempre, a bachear sobre o xa bacheado e a asfaltar sobre o xa asfaltado. Nin unha iniciativa para impulsar o emprego, para apoiar ao pequeno comercio ou para solucionar os problemas das parroquias”, lamentou a popular.

Nesta liña, a portavoz do Partido Popular en Carballo cargou tamén contra un goberno municipal ao que acusou de “inflar” as contas con proxectos valorados en case 500.000 euros, e que xa foron incluídos no documento do 2018, a pesar de que, desde entón, non se levaron a cabo.

Os populares tamén arremeteron contra a maneira de proceder do goberno municipal. “Falamos de asuntos fundamentais dos que nós non tivemos constancia deles ata o xoves. Tivemos pouco máis de tres días para estudar un orzamento de moitos documentos”, denunciou Nogueira, quen censurou a falta de transparencia e a pouca predisposición por parte do BNG para facilitar o traballo da oposición.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?