36
O grupo local do Partido Popular de Cee acusou este luns á alcaldesa, Margarita Lamela, de mentir en canto ás competencias do Servizo de Axuda no Fogar.
Segundo o grupo que encabeza Antonio Domínguez, a alcaldesa di que as competencias son da Xunta, cando “a lei de Servizos Sociais de Galicia foi aprobada cando gobernaba o PSOE na Xunta. Esta lei establece que os servizos sociais correspóndenlle ao Concello e ademáis son un servizo mínimo obligatorio”.
O Partido Popular ceense afirma que Lamela “minte máis que fala” e garántelle o seu apoio ao equipo de goberno neste asunto.