40
Tras o primeiro pleno da nova legistalura o Partido Popular de Cee afirma que ten claro o seu labor de oposición, todo iso, tendo en conta que a maioría absoluta do Partido Socialista ceense custará ás arcas públicas, aproximadamente, 170.000€ anuais.
«Desde o partido popular recoñecemos e entendemos que o traballo debe remunerarse; pero co desembolso que supón o novo Goberno; os veciños necesitan máis que nunca que a oposición fiscalice e pedir explicacións sobre a toma de decisións que se tomen no Concello».
«Tal e como se manifestou no pleno non teremos problema en aplaudir e felicitar os acertos pero tampouco en opoñernos aos erros. Como sempre, estamos aquí para traballar polo futuro de Cee», conclúen os populares.