Jesús Picallo Santos lidera o Partido Popular de Cee coa mirada posta na Alcaldía. A quince días das eleccións, Picallo amósase seguro da dirección na que está enfocando a súa estratexia política que non é outra que dar un paso adiante para que Cee vaia na dirección correcta. Rodeado dun equipo conformado por persoas con experiencia na política pero tamén por xente nova “que aportará novas ideas e, sobre todo, un aire fresco á política á que desafortunadamente estamos acostumados”, sinala Picallo, o empresario, coñecido en toda a bisbarra pola súa ampla experiencia e xestión en sectores como o das ventas ou o turístico, está “tranquilo e enfocado na recta final” duns comicios aos que se presenta baixo o lema “Xuntos por un novo camiño” e cun programa electoral pensado para que Cee avance. “Temos propostas enfocadas a un punto en común: mellorar a calidade de vida da veciñanza de Cee e facer que este volva a rexurdir, algo que só será posible a través do noso proxecto”, subliña Picallo.
25