O PP de Cee carga contra a subida de impostos locais

1 minutes read

O grupo do Partido Popular no Concello de Cee cargou, a través do seu voceiro, Jesús Picallo, contra a subida de impostos municipais –recollida de lixo, cemiterio, vados…- aprobada pola alcaldesa, Margarita Lamela, á que acusou de poñer en marcha un política con “claro afán recaudatorio”.

Para o voceiro popular, a medida aprobada no último pleno extraordinario é un “novo exemplo” do lonxe que vive a rexedora ceense da realidade que sofren todos os seus veciños. “Primeiro non tivo reparos en incrementar o custo do Goberno Local poñendo os soldos máis altos da historia do municipio e agora non os ten en incrementar os impostos”, dixo Picallo.

O líder dos populares en Cee aproveitou tamén para facer fincapé en que os socialistas no puxeran sobre a mesa estas medidas antes de concorrer ás eleccións municipais.