Este pasado venres 28 de xullo tivo lugar o pleno ordinario do Concello de Cee, dende o Partido Popular emitiron un comunicado no que primeiro queren expresar o orgullo que senten por «ter a oportunidade de levantar a man e votar SI ao nomeamento do doutor Francisco Blanco como fillo predilecto de Cee, como xa dixeron, a súa labor profesional e os seus valores como persoa fan que sexa necesario este tan merecido recoñecemento».
Un dos puntos a tratar no pleno foi a aprobación do prezo público pola asistencia ao programa de madrugadores, «como expresamos no pleno esto é unha medida totalmente necesaria para os pais do Concello, a conciliación familiar é unha necesidade que ten que solucionarse sen traba algunha pola corporación. Polo tanto, apoiamos totalmente a proposta pero pedimos que se busque unha solución para a escola infantil de Cee», matizaron.
Por outra banda, «queremos recalcar de novo que a política é respeto e é aprendizaxe, dous valores que poñemos en alto valor no Partido Popular de Cee, facer burla de alguén, duns resultados electorais, dunha opinión, non é política, é faltar ao respeto e condenarémolo e manifestarémolo as veces que faga falta», conclúen os populares de Cee.
42