O PP de Cee pide que as praias da localidade non queden sen servizo de socorrismo

O voceiro do grupo municipal do Partido Popular de Cee, Jesús Picallo, tachou este mércores de “intolerable” a falta de previsión do Goberno Local que, segundo explicou, deixará á veciñanza da localidade sen servizo de socorrismo este verán en varias praias do concello. Cualificou de “broma de mal gusto”, que a alcaldesa se escude en que a axuda da Xunta Galicia non alcanza para financiar a totalidade deste servizo. “Debe ser que noutros municipios si saben xestionar e si saben facer orzamentos. A Xunta de Galicia non ten a obrigación de pagar aos socorristas e o que debería facer a señora lamela estener previsto algo que sucede cada ano e agradecer a axuda do goberno autonómico”, dixo Picallo. O popular aproveitou tamén para incidir en que a falta de socorristas é “unha máis” no currículo da señora Lamela, toda vez, que tal e como lembrou Picallo, segue sendo a responsable de que Cee non teña tampouco un servizo de Policía Local como necesita o concello.
 

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar