O PP de Cee reclama o apoio da Xunta para os actos do ano Xubilar Mariano da Xunqueira

Cedida.

O portavoz do Partido Popular no Concello de Cee, Antonio Domínguez, mantivo este mércores, acompañado do deputado autonómico, Rubén Lorenzo, unha reunión de traballo co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na que o popular expuxo o programa de actos que se desenvolverán en Cee con motivo do ano Xubilar Mariano Nosa Señora da Xunqueira. Domínguez, que reclamou o apoio económico do goberno autonómico para poder levar a cabo este evento, agradeceu que o vicepresidente da Xunta se comprometese a estudar o proxecto para poder dotalo de respaldo económico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha