O PP de Cerceda amosa a súa unidade de cara ás eleccións municipais

1 minutes read

O PP de Cerceda mantivo unha reunión de traballo ocoa vista posta nas vindeiras eleccións municipais. Nela participaron máis dunha vintena de afiliados encabezados por David Lamas, candidato á Alcaldía, e por Paco Santos, quen liderou a formación durante os últimos doce anos.

O encontro, que serviu como primeira toma de contacto, reuniu a algúns dos afiliados históricos da formación e ás novas caras que se unen ao proxecto de David Lamas. Entre os asistentes, destacou a presenza de Paco Santos, quen copresidiu o acto xunto ao actual candidato, ao que lle desexou “moitísimo ánimo” e ao que lle brindou toda a súa colaboración.

Na mesma sesión, os Populares afondaron nos principais eixos programáticos sobre os que versará o seu programa electoral, facendo este accesible a todo aquel que queira aportar as súas ideas. “Faremos un programa realista baseado nas demandas que nos están achegando os veciños”, sinalou David Lamas.

O candidato do PP destacou que a formación se atopa nun momento histórico, cun proxecto ilusionante por diante e ás portas de acadar, por primeira vez, o Goberno municipal. “Durante as últimas semanas estamos recibindo moitas chamadas de veciños que queren colaborar co partido e brindar o seu apoio. Quero escoitalos a todos e prometerlles que o proxecto que presentará o PP será moi ilusionante. Hai un importante clima de cambio”.

A diagnose feita polos Populares en relación co actual estado do municipio pon de relevo un pobo paralizado, que apenas avanzou nos últimos trinta anos e que cada día perde posibilidades.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?