O PP de Corcubión reclama máis proxectos turísticos por parte do goberno local

1 minutes read
  • Gema Freire censura que o alcalde se escude na suposta falta de apoios para non presentar propostas

A portavoz do grupo do Partido Popular en Corcubión, Gema Freire, criticou este mércores a falta de política turística do goberno local e reclama a posta en marcha de máis proxectos e iniciativas para un sector que cualificou de “fundamental” para a economía local.

Os populares criticaron que o alcalde, Manuel Ínsua, se escudee nunha suposta falta de apoio por parte do goberno autonómico. “Xa está ben de escusas de mal pagador e de culpar ao resto de administracións do que non se fai desde o goberno local”, subliñou Freire.

Así mesmo, os populares, que se puxeron ao dispor do executivo local para “axudar cando nos pidan axuda”, aproveitaron a ocasión para ironizar sobre a ausencia de representación do Concello de Corcubión en Fitur. “Alegrámonos de que, polo menos, renunciase a ir só para pasear. O preocupante é non aproveitar un escaparate como é esta feira para promocionar o noso concello”, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?