O PP de Corcubión recrimínalle ao BNG o incremento das taxas municipais

O grupo do Partido Popular no Concello de Corcubión acusou, a través da seu voceiro, José Domínguez, ao Goberno Local do BNG de incumprir o seu programa electoral e enganar aos veciños tras aprobar no pleno da semana pasada unha subida do Imposto de Bens e Inmobles (IBI).

Para os populares, o incremento aprobado na taxas municipais supón una “estafa en toda regra” e unha “emenda parcial” ao programa electoral do BNG, toda vez, dixo Domíguez, que os nacionalistas negaron en todo momento un incremento dos impostos locais. “Non se pode mentir de maneira tan descarada, nin enganar aos veciños desta forma”, subliñou Domínguez, quen acusou ao rexedor de ser unha persoa da que “un xa non se pode fiar”.

Neste sentido, o voceiro do Partido Popular incidiu en que o Goberno Local deberá dar explicacións dos motivos que lle levaron a poñer en marcha unha medida que “mingua a capacidade adquisitiva” duns veciños que, segundo Domínguez, xa están a sufrir as consecuencias do incremento dos prezos nos produtos básicos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha