O PP de Laxe votou en contra dunha moción do BNG para rexeitar un parque eólico nos Penedos

Grupo Municipal do PP de Laxe nunha imaxe de arquivo.

Conclusións sorprendentes para moitos son as que nos deixa o último pleno celebrado no Concello de Laxe. Entre outros temas que se trataron un dos máis salientables foi a moción presentada polo BNG para rexeitar a instalación dun parque eólico na contorna dos Penedos de Pasarela e Traba. 

A moción contou cos votos favorables do edil do BNG, Xosé Manuel Pose, e os catro concelleiros do PSOE, pero cos votos en contra do grupo do goberno, os edís do Partido Popular.

A falta dunha explicación por parte dos populares, a proposta do BNG consistía no rexeitamento da instalación de parques eólicos na Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, ademáis de defender a súa integridade paisaxística e esixirlle á Xunta o cumprimento do Decreto 294/2008 que os declara Paisaxe Protexida. Tamén consistía na solicitude de informes aos técnicos municipais neste sentido.  

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha