O PP de Muxía afirma que o Goberno local fai tres anos que non contesta as súas preguntas

2 minutes read

A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela urxe ao goberno local a que “deixe de rirse dos veciños e conteste ás preguntas da oposición”.

“Fai 3 anos que o goberno non contesta ás preguntas que o grupo popular fai nos plenos. Unha situación máis propia das dictaduras que dun goberno demócrata” reprocha a portavoz municipal que engade que “do que non se da conta o alcalde é que a quen ningunea, a quen falta ao respeto non contestando ás preguntas é a todos os veciños do noso concello que queren saber porque non se están a cumprir as súas promesas electorais”.

Os populares preguntarán no próximo pleno por “obras paradas” como a da ponte de Vilachán da que “o alcalde díxolle aos veciños en campaña que xa tiña a ponte comprada, sen embargo, casi un ano despois de que a carretera se pechara non temos novidades ao respecto” explica a portavoz que continúa “o mesmo que pasa coa obra da luminaria do entorno da Barca que leva máis de un ano parada sen que saibamos que vai a pasar con ela”.

Outras obras paradas como a da carretera de Leis tamén é incluida no listado de preguntas xa que “trátase dun engaño máis aos veciños. No mitin de Leis afirmou o alcalde que ao mes seguinte empezaría a obra, 6 meses despois non sabemos nada de como está nin o porqué de que non se inicie” explica Vilela

Rematan o listado de preguntas que os populares platexarán no pleno os problemas ca presión de auga de Armear, a obra da rotonda a Lourido ou o porqué o concello renunciou a unha subvención de 9000€ para equipamento Deportivo concecida pola Xunta de Galicia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?