O PP de Muxía atribúe a unha mala xestión do actual executivo o atraso de varias obras

1 minutes read
  • A popular Sandra Vilela sinala que estas obras xa quedaran dotadas de orzamento polo anterior goberno

O Partido Popular de Muxía denunciou a parálise que se está sufrindo no concello ante a incapacidade de xestión do goberno local, o cal está a causar graves prexuízos nos veciños.

“Esta semana vimos como comezaban as obras de Fumiñeo, despois dun ano. Seguen pendentes obras como a depuración do núcleo de Trasufre ou os camiños interiores do núcleo de Moreira”, afirma a portavoz do grupo municipal, Sandra Vilela, quen lembraba que “estas obras quedaron proxectadas e dotadas de orzamento polo goberno anterior».

Nestes momentos, nos que a actividade económica está a resentirse máis que nunca, a popular insta o goberno municipal a ser rápido nas xestións, e lamenta que a incapacidade do actual alcalde estea a causar estes atrasos, xa que, segundo explicou, os veciños “xa deberían estar a gozar estas infraestruturas”.