A portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, censurou a forma de actuar de Iago Toba, despois de que o rexedor presentase nas últimas horas unha listaxe de obras “cerrado e sen consultar”, que se financiará co Plan de Obras e Servizos (POS) complementario aprobado pola Deputación da Coruña. Os populares, que presentaran nos últimos días un escrito reclamando unha reunión entre o executivo local e o resto de forzas políticas para debater sobre que proxectos poderíanse financiar cos fondos achegados pola institución provincial, lamentan que, unha vez máis, o alcalde decida dar as costas á oposición. “O comportamento do señor Toba é o comportamento dun auténtico ditador, pero un ditador ao que hai que lembrarlle que goberna en minoría e que necesita dos votos do resto de partidos para poder sacar adiante as súas propostas”, subliñou Vilela.
20