A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, lamenta o estado no que se atopan os vestiarios do campo de fútbol da Arliña, practicamente inutilizables, debido ás filtracións de chuvia. “É unha vergoña que Muxía non teña unhas instalacións deportivas á altura tendo que, nalgúns casos, incluso ir a competir a outros campos por falla de luz ou como é este caso que os vestiarios se atopen nun estado que dificultan moito o seu uso” comenta a portavoz municipal.
Recordan os populares que unha das propostas que fixeron no seu momento para que fose incluído no POS 2024 foi a obra de reforma integral do campo de fútbol da Arliña, “nen sequera no plan complementario” comenta a portavoz municipal que recorda que “os populares levamos unha moción ao pleno na que propoñíamos que a obra da reforma integral do campo fose incluída no POS 2024 mais o goberno municipal non tivo a ben nin redactar o proxecto”, afirmaba Vilela.
Os populares anuncian que levarán a situación dos vestiarios ao próximo pleno municipal do mes de marzo xa que entenden que debe facerse unha actuación urxente neles de cara a que no próximo inverno non volva a pasar o que pasou neste.