O PP de Muxía denuncia que non se solicitara unha axuda para dotar de libros á biblioteca municipal

Biblioteca municipal de Muxía

  • A subvención, ao non ser de concorrencia competitiva, sería adxudicada tan só con pedila

O Partido Popular de Muxía, cualificou de “insólito” que o goberno local “nin se molestase” en perdirlle unha subvención á Xunta de Galicia para dotar de libros á biblioteca municipal. “Este executivo local nunca deixa de sorprendernos”, sinala a concelleira Sofía López, quen ademais afirma que “cando pensamos que xa non se poden facer as cousas peor, sempre hai algunha cuestión que supera a anterior”.

A popular di que non existe ningún motivo polo que xustificar a renuncia a esta axuda, pois ao non ser de concorrencia competitiva tan só sería necesio que o Concello a solicitase para que se lle fora adxudicada.

Desde o PP consideran unha “falta de respecto” aos veciños de Muxía o “deixamento” que a concelleira de Educación do Concello mostra ao non reclamar esta subvención. Ademais, reclaman que a biblioteca non teña horarios fixos ao longo de todo o ano para “unha mellor xestión”.