- A portavoz, Sandra Vilela, sinalou que está en permanente contacto co delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor
O Partido Popular de Muxía anunciou este xoves a través da súa portavoz, Sandra Vilela, que mantén contacto directo coa Xunta de Galicia para tratar de buscar a mellor solución aos problemas que nas últimas semanas se xeraron ao redor dos secadoiros de congro que existen no municipio, en concreto con un particular cuxa actividade foi clausurada por Sanidade por non cumprir coas normas comunitarias entre outras cuestións.
En permanentes conversas co delegado territorial na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, a popular subliñou que a súa formación é consciente da «importancia» de buscar unha saída satisfactoria para todas as partes, tanto para a familia afectada por este parón produtivo como para todos os veciños de Muxía xa que os secadoiros son un símbolo da identidade do pobo.