- Os populares promoven ademais unha recollida de firmas que será remitida ó ministro Ábalos
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, enviou este mércores un escrito á Autoridade Portuaria da Coruña en relación á estrada de Faro Touriñán, onde sinalan que desde o punto de vista da seguridade vial, esta situación é insostible.
Os populares recordaron que esta estrada é utilizada a diario polos veciños das parroquias de Nemiña, Frixe, Touriñán ou Morquintián principalmente ademais de ser a principal vía para chegar a lugares como Faro Touriñán ou a Praia de Nemiña.
Sandra Vilela lamenta que “o alcalde non mova un dedo cando en campaña electoral chegou a decirlles ós veciños de Frixe que a obra xa estaba licitada cando sabía, como é lóxico, que era mentira”.
Ademáis deste escrito, desde o Partido Popular promoverán unha recollida de firmas que será remitida directamente ó ministro D. José Luis Ábalos.
Dende o grupo popular toman esta decisión despois de que siga sen coñecerse a data de inicio das obras case 3 anos despois de que esta fose anunciada e comprometida polo ente dependente do Ministerio de Transporte, Movilidade e Axenda Urbana.