O PP de Muxía reclama unha solución urxente para a parada de bus dos nenos

1 minutes read
  • Segundo Sandra Vilela, varios pais quéixanse de que os pequenos se mollan mentres agardan o autobús escolar

Este venres o grupo municipal do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, presentou un escrito no rexistro municipal para facer coñecedor ó goberno local do malestar que existe por parte dos pais respecto da parada de autobús escolar.

Os rapaces do pobo de Muxía non teñen nin onde resgardarse da choiva durante todo o inverno xa que non existe marquesiña na zona onde se ubica a parada de bus “o cal nos parece algo lamentable” comentaba a portavoz municipal Sandra Vilela quen engadía que “é de sentido común”.