Tras decretar a Xunta de Galicia un mes de loito oficial na comunidade, na honra dás vítimas da pandemia do Covid-19, o Partido Popular de Ponteceso emitiu un comunicado este sábado no que tilda ao Goberno local de «falta de respeto ás vítimas do coronavirus». Os populares pregúntanse de xeito irónico se «ten que ser Pedro Sánchez o que lle ordene ao Sr. Alcalde o que ten que facer». «¿Non lle vale ao Sr. Alcalde a orde do Consello da Xunta de Galicia ou a publicación no DOGA porque non é do seu partido?». Dende o PP local piden respeto e menos partidismo e comedia.
O PP de Ponteceso critica ao alcalde por non ter as bandeiras do Concello a media asta
Concello de Ponteceso_ Cedida