Desde o PP de ponteceso, Daniel García Cotelo, denuncia que vértense augas fecais procedentes da rede de pluviais municipal directamente ao Río do Perillán. Daniel García afirma que «resulta curioso que, a escasos metros desta vertedura, o Concello de Ponteceso acometeu obras para mellorar a rede de abastecemento e saneamento a Corme hai uns meses, tampouco entendemos como pode permitirse esta situación cando este río desemboca na praia do Osmo con bandeira azul, en pleno mes de agosto coa praia chea de bañistas». Por todo iso desde o PP de Ponteceso urxen ao Concello a poñerlle solución de forma inmediata ou terán que trasladar esta situación á Consellería de Medio Ambiente. Ademais piden que se auditen as obras recentes, e que non se permita que augas fecais e residuais acaben nesa zona do río do Perillán.
32