O PP de Ponteceso denuncia un vertedoiro de residuos no parque de Tella

PP Ponteceso.

Nun comunicado emitido este martes o Partido Popular de Ponteceso denuncia que detrás do local do Ges, ao lado mesmo do punto limpo, o Concello de Ponteceso deposita residuos de forma incontrolada. Dende o PP sinalan que “Noutrora, enchíaselles a boca de palabras sobre medio ambiente e… ecoloxía. Vai ter que ser a veciñanza a que conciencie a este goberno municipal de que hai que usar o punto limpo e canles axeitadas de recollida”. Afirman.