O PP de Ponteceso espera contar co apoio dunha edila do goberno para aprobar o POS

Imagen de archivo de un pleno en Ponteceso_PP

O Partido Popular mantén negociacións, para aprobar un Plan de Obras, cunha das dúas edilas que apoian ao alcalde de Ponteceso, sería Teresa Chouciño Calvete e cos edís do partido independente APIN, despois de lograr un consenso anteriormente co cinco non adscritos. “Estamos seguros de que esta concelleira vai apoiar o noso POS, que consideramos adecuado” asegurou o portavoz dos populares, Daniel García Cotelo.

“En outubro do ano pasado, esta concelleira asinou un escrito, xunto cos seus entón compañeiros do PSOE, para solicitar a dimisión de Lois García Carballido. Entendemos que agora é o momento de posicionarse de verdade, agora que están en xogo 758.000 euros para o noso municipio”, explicou García Cotelo. Os populares rexeitan o proceder do mandatario Lois García Carballido, que na comisión informativa do venres presentou “un plan idéntico ao que rexeitaramos, sen cambiar nin unha coma”.

Daniel García recalcou que o Plan proposto polo PP pretende executar actuacións como a construción de beirarrúas desde a praza do Recheo ata o cruzamento da Trabe, o abastecemento de auga potable á localidade de Langueirón ou a mellora da pista de Nemeño a os Ánxeles. De igual modo, están previstas melloras na depuradora de augas residuais de Pazos. Tamén se inclúe o pago a provedores e saldar as débedas aos actuais e a “esas persoas que levan 6 anos esperando porque Lois García Carballido obrigoulles a reclamar por vía xudicial o pago”. Ademais, tamén inclúe o incremento de horas do Servizo de Axuda non Fogar e o mantemento de todas as prazas do plan de emprego.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha