Tras as recentes novas dos casos de covid-19 presentes nos empregados dunha empresa do concello de Vimianzo, a portavoz do Partido Popular local, Raquel Rodriguez, fixo unha chamada aos veciños a manter «á calma e á prudencia», ademais de desexar «unha pronta recuperación» para todos os afectados.
Rodríguez lembrou a importancia de manter as recomendacións das autoridades sanitarias: levar mascarillas, manter distancia prudencial nas relacións sociais e lavarse frecuentemente as mans «como xeito fundamental de previr e controlar o espallamento do virus».
Esforzo común e compromiso persoal
«A loita contra o covid-19 é unha tarefa de todos que esixe de cada un de nós un compromiso persoal e social para derrotalo dunha vez por todas. Non vai ser un traballo fácil nin a curto prazo, pero con paciencia e constancia seremos quen de derrotalo», declarou a popular lanzando un mensaxe de confianza en que todo se resolverá de xeito positivo porque «os veciños de Vimianzo son xente prudente, solidaria e traballadora que, teñoo ben seguro, saberán estar a altura das circunstancias».