O PP de Vimianzo tende unha man ao goberno local para reactivar a economía neste Nadal

1 minutes read

O Partido Popular de Vimianzo pídelle ao goberno local unha xuntanza para poder acordar un plan de reactivación económica e social de cara á campaña de Nadal e aos vindeiros meses que, sen dúbida, estarán marcados pola pandemia da Covid-19.

Os populares lembran que «xa noutras ocasións o tecido socioeconómico local demostrou a súa capacidade de unión e de resposta común para superar as adversidades», polo que desta volta tenden de novo a súa man ao goberno local “para que Vimianzo volte o antes posible o que sempre foi e será: un referente social, económico e cultural de toda a Costa da Morte”.