O PP de Zas carga contra o alcalde por non solicitar os obradoiros de emprego da Xunta de Galicia

  • David Gómez cualifica de “imperdoable” que o executivo local deixase pasar a posibilidade de participar nunha iniciativa na que a Xunta inviste máis de 650.000 euros na comarca

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Zas, a través do seu portavoz, David Gómez, criticou que os veciños do municipio non poidan beneficiarse do obradoiro de emprego posto en marcha pola Xunta de Galicia e dirixido a persoas desempregadas.

A loita contra o paro, apuntan os populares, debería ser unha das “prioridades” dun goberno local que “se permite o luxo de nin sequera solicitar ningún dos dous obradoiros que o goberno autonómico pon ao dispor dos concellos”.

O obxectivo da iniciativa é que persoas desempregadas se formasen nun oficio mentres realizaban tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirían un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais son de 9 meses e os de garantía xuvenil de 6 meses.

“O señor alcalde tennos a todos aburridos con que a Xunta discrimina a Zas, cando a realidade é que estamos ante un alcalde cansado e que non cumple coas súas obrigas”, dixo Gómez, que calificou de “imperdonable” a “desidia” mostrada polo executivo local ante esta iniciativa na que a Xunta inviste máis de 650.000 euros na comarca.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha