O PP demanda estender as axudas provinciais aos hostaleiros dos municipios pechados

Imaxe dun restaurante_PIXABAY

  • Piden que a Deputación da Coruña siga o modelo de axudas da Xunta de Galicia, con máis de 7.000 euros

O Partido Popular na Deputación da Coruña reclama que o ente provincial estenda a todos hostaleiros dos concellos afectados polo novo peche perimetral, e non só aos que se atopan nas tres grandes cidades (A Coruña, Santiago, Ferrol), as axudas aprobadas para paliar os efectos do peche dos locais.

Os populares están de acordo coa medida anunciada esta semana polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, de destinar a este sector axudas por máis tres millóns de euros pero, aínda así, consideran “insuficiente” que só estén dirixidos a negocios das tres urbes, deixando de lado a municipios como Arteixo, Oleiros, Cambre ou Vimianzo.

Seguir os pasos da Xunta de Galicia
Os populares tamén demandan que a Deputación siga o exemplo da Xunta de Galicia, que esta semana anunciou un plan de axudas de entre 2.200 e máis de 7.000 euros para todos establecementos da hostalería, tendo en conta as características dos negocios, o número de empregados ou o tempo que permanezan pechados.